Friday 03 de May de 2024

A naronesa Marta Teijido presentará mañá na Biblioteca o seu libro “Paula y su hermano”


A Biblioteca municipal acollerá mañá o acto de presentación do conto “Paula y su hermano”, obra da naronesa Marta Teijido. Así o anunciou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que avanzou que o acto dará comezo ás 18.30 horas na sala multiusos da planta soto das citadas instalacións. O acto estará aberto ao público en xeral ata completar a capacidade da sala.

O libro, publicado por Apuleyo Ediciones, aborda o mundo das emocións dende o interior dunha nena, Paula, que está a piques de converterse en irmá. Os lectores da obra poderán identificarse con moitas das emocións que experimentan as nenas e nenos que viven esta situación. O libro, que completa a dilatada traxectoria da autora, que xa publicou outros traballos, aporta pistas para que as familias aprendan a traballar a intelixencia emocional cos seus fillos e fillas.

A edil de Bibliotecas animou ás veciñas e veciños a acudir a este acto para coñecer o último traballo de Marta Teijido, da que destacou a súa traxectoria como escritora e autora de traballos de investigación e artigos.